Thursday 02 de May de 2024

O Concello destina unha partida de 55.000 euros a dous novos estacionamentos de proximidade en Piñeiros


O Concello adquiriu recentemente dúas fincas na parroquia de Piñeiros para ampliar a rede de estacionamentos de proximidade no citado barrio. Este ano adquiriuse unha parcela na rúa San Luis, de aproximadamente 900 metros cadrados e onte mesmo aprobouse no pleno a adquisición doutra parcela na zona do Ponto de 2.370 metros cadrados con ese mesmo fin.

En conxunto, o goberno local destinará uns 55.000 euros a habilitar dous novos estacionamentos de proximidade en Piñeiros.

Dende o goberno local complétase deste xeito unha rede de estacionamientos disuasorios en diferentes puntos da cidade, que contará cun total de sete nas diferentes parroquias da zona urbana do termo municipal.